Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS “DE RUADA”Imprimir

No ano 2007 a Coral De Ruada decidiu organizar un Certame Internacional de Coros que levase o seu nome, xa que pretendíamos celebralo en datas próximas ao aniversario da nosa presentación ao público ourensán, que tivo lugar o 24 de xuño de 1919. Con esta idea visitamos ao entón concelleiro de Cultura, Festas e Festival de Cine, José Araújo, que aceptou a nosa proposta e nos brindou o patrocinio do Concello de Ourense, incluíndo o Certamen a programación das Festas do Corpus que tamén se celebra nesas datas. Así naceu o I Certame Internacional de Coros "De Ruada".

Na súa primeira edición participaron os grupos seguintes: Orfeão de Vila Praia de Âncora (Portugal), Coral de Chaves (Portugal), Coral Polifónica de Mera (Oleiros-A Coruña), Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Cántigas da Terra da Coruña, Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e a Coral De Ruada.

Constituiu un rotundo éxito, co teatro Principal ateigado de xente en tódalas actuacións, o que nos deu azos para continuar este proxecto en anos sucesivos.

 


Enviado por coralderuada o 17 de Xuño de 2009 ás 20:05 
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica