Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» LUAR NA LUBRE E A CORAL DE RUADA NO LUAR DA TVGImprimir

A Coral De Ruada foi convidada polo veterano programa da TVG “Luar”, que dirixe e conduce Xosé Ramón Gayoso, para ofrecer dúas cantigas xunto co recoñecido grupo folk “Luar na Lubre”.

 

Hai uns meses a Coral De Ruada colaborou co grupo folk coruñés na gravación do seu último CD titulado “Extra:Mundi”. Concretamente, De Ruada participou na gravación de catro dos trece temas que compoñen este CD: Onde vas por agua/Nel campu ñacen flores; Foliada da Coruña/Ruada de Rebordelo; Cantiga de Falván e Fisterra. Dende entón, D participou nos concertos celebrados por Luar na Lubre en Ourense (teatro Principal), Vigo (teatro García Barbón) e A Coruña (teatro Rosalía Castro).

 No “Luar” do venres Luar na Lubre, coa colaboración da Coral De Ruada ofrecerán as cantigas Cantiga de Falván e Fisterra.


Enviado por coralderuada o 26 de Maio de 2016 ás 18:14 
 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica