Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
» CONCERTO-HOMENAXE AO EXPRESIDENTE ELADIO QUEVEDO ALMOINAImprimir

O vindeiro mércores, día 20 de abril, a partir das 20,30 horas, a Coral De Ruada, coa colaboración da Escola de Danza da Deputación “Castro Floxo”, ofrecerá un concerto-homenaxe a Eladio Quevedo Almoina.Eladio Quevedo ingresou na Coral nos anos cincuenta do pasado século e, durante todos estes anos desempeñou moitos roles: gaiteiro, percusionista, cantor, bailarín, zanfonista... Durante moitos anos foi membro da Xunta de Goberno, exercendo como vogal, secretario xeral, vicepresidente primeiro e os últimos trece anos -case catorce- como presidente.Para premiar tanta dedicación e demostrarlle o noso cariño e agradecemento, ofrecerémoslle un concerto-homenaxe no que lle faremos entrega do nomeamento de Presidente de Honra da Coral De Ruada, tal como acordou, por unanimidade, a Xunta de Goberno celebrada o 17 de setembro de 2015.


Enviado por coralderuada o 16 de Abril de 2016 ás 20:32 
 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica