Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
» PRESENTACIÓN DO NOVO CD DE LUAR NA LUBRE, CON COLABORACIÓN DA CORAL DE RUADAImprimir

O vindeiro venres, día 11 de decembro, a partir das 21,00 horas, no teatro Principal, o prestixioso grupo folk galego “Luar na Lubre”, que está a  piques de cumprir o seu 30º aniversario, presentará o seu novo disco “Extra:Mundi”, que fai o número 16 da súa discografía.Neste disco, Luar na Lubre aborda cantigas que van máis alá do ámbito galego e atlántico, abordando, por primeira vez emblemáticas cantigas de Cataluña, Asturias, Castela e León, Euskadi...  cantadas nos idiomas respectivos.Outra das novidades deste novo CD consiste na participación da Coral De Ruada en catro das catorce cantigas que contén, concretamente na nº 6 (Foliada da Coruña / Ruada de Rebordelo), nº 8 (Fisterra), nº 11 (Cantiga de Falván) e nº 12 (Onde vas por agua / Nel campu).Durante a presentación no teatro Principal, a Coral De Ruada acompañará a Luar na Lubre, en directo, na interpretación destas cantigas.


Enviado por coralderuada o 04 de Decembro de 2015 ás 19:00 
 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica