Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
» ACTO DE ENTREGA DO VI PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

Como xa informamos con anterioridade, o VI PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO” que organiza a Coral De Ruada foille concedido ao grupo Abertal de A Rúa de Valdeorras.

 

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o vindeiro mércores, día 21, a partir das 20,00 horas no Liceo de Ourense e desenvolveráse do xeito seguinte:

 

 

  • Breve semblanza sobre a vida e a obra de Xabier Prado “Lameiro”.
  • Representación dunha escolma de diálogos de <<Farsadas>> de Xabier Prado “Lameiro”. Estará a cargo de dous compoñentes do grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
  • Acto formal de entrega do premio aos representantes de Abertal: diploma, busto en bronce de Xabier Prado “Lameiro” realizado por Manuel García de Buciños e un exemplar da edición facsimil das súas Obras Completas.
  • Interpretación de piano a cargo de Irma Fernández Alonso.
  • Actuación da Coral De Ruada, que pechará o acto ofrecendo unha breve mostra do seu repertorio.

 

 

A entrada é libre, até completar aforo, e gratuíta.


Enviado por coralderuada o 18 de Outubro de 2015 ás 18:28 
 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica