Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» FALLO DO VI PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

No día de hoxe (13-10-2015) reuniuse o xurado nomeado pola  Coral De Ruada para estudar as candidaturas á sexta edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”

 

O xurado estaba formado por:

 

Presidente: D. Eladio Quevedo Almoina (Presidente de Honra da Coral De Ruada).

Secretaria: Dª. Fátima María Malingre Grande (Secretaria Xeral da Coral De Ruada, con voz pero sen voto).

Vogais:

D.Emilio Rodríguez Portabales (Presidente da Coral De Ruada)

D. Samuel Lago Fernández (Catedrático de Historia).

D. Juan Luis Saco Cid (Catedrático de Latín).

D. José Luis Bande Vázquez (exdirectivo da Coral De Ruada)

     O xurado acordou, por unanimidade:

Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa sexta edición, correspondente ao ano 2015, á agrupación folclórica Abertal de A Rúa de Valdeorras (Ourense) polo traballo que ó longo de vinteseis anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais, etc.

Os méritos que atesoura a traxectoria de Abertal -e nomeadamente o seu fundador e director Manuel Anxo Durán Blanco- non se cinguen soamente ao inxente traballo que durante estes vinteseis anos ten realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito), senón que, ademais, sempre foi -e segue a ser na actualidade- elemento colaborador xeneroso de grupos que traballan de xeito desinteresado a prol  do noso folclore.

O inxente labor de Abertal constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer a coherente traxectoria que o colectivo ten mantido neste campo ó longo de toda a súa andaina.

 


Enviado por coralderuada o 18 de Outubro de 2015 ás 18:17 
 © Coral de Ruada | 22-06-2017 | 3 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica