Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» IX CERTAME DE RUADAImprimir

A Coral “De Ruada” organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal, da Catedral,  do Auditorio Municipal e da Comunidade Cisterciense de Oseira- o IX CERTAME “DE RUADA” dentro da programación das Festas de Ourense 2015.

O programa deste IX Certame é o seguinte:

Mércores, día 17 de xuño:

Teatro Principal, 19,30 horas.

Coral De Ruada: Concerto dos Amigos da Coral De Ruada, que, a petición de moitos dos mesmos, repetirá o espectáculo “Carmiña, flor de Galicia” (filme mudo de 1926 con acompañamento musical da Coral De Ruada).

Sábado, día 20 de xuño:

Catedral de Ourense, 20,30 horas.

Coro de Pécs (Hungría).

Domingo, día 21 de xuño:

Igrexa do Mosteiro de Oseira, 13,00 horas.

Misa cantada polo Coro de Pécs (Hungría)  e pola Coral De Ruada.

Carballeira de Oseira, 14,00 horas.

Xantar e Romaría dos Amigos da Coral De Ruada.

Martes, día 23 de xuño:

Auditorio Municipal, 20,00 horas.

Coros infantís: C.E.I.P. Curros Enríquez, Colexio Miraflores e Colexio Padre Feijóo - Zorelle.

Coral De Ruada.

Sábado, día 27 de xuño:

Praza Maior, 22,00 horas.

Cántigas da terra (A Coruña).

A.O.F.T. - Gomes Mouro (Ourense).

Coral De Ruada.


Enviado por coralderuada o 05 de Xuño de 2015 ás 19:03 
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica