Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o vindeiro xoves, día 25, a partir das 21,00 horas no teatro Principal e desenvolveráse do xeito seguinte:

 

  • Intervención do Catedrático de Lingua Galega e Inspector de Ensino, Delfín Caseiro Nogueiras, para facer unha breve semblanza da obra de Xabier Prado “Lameiro”.
  • Representación dunha fermosa peza teatral de Xabier Prado “Lameiro” titulada <>. Trátase dunha das obras máis representadas e celebradas do autor e vai ser representada polo grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
  • Acto formal de entrega do premio aos representantes de Xacarandaina: diploma, busto en bronce de Xabier Prado “Lameiro” realizado por Manuel García de Buciños e edición facsimil das súas Obras Completas.
  • Breve actuación da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional - Escola de Música Tradicional “Gomes Mouro”, grupo premiado na edición anterior, que ofrecerá unha breve mostra do seu bo facer.
  • Actuación da Coral De Ruada, que pechará o acto ofrecendo unha breve mostra do seu repertorio.

 

A entrada é libre, até completar aforo, e gratuíta.


Enviado por coralderuada o 22 de Septembro de 2014 ás 22:03 
 © Coral de Ruada | 22-06-2017 | 3 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica