Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
» FALLO DO V PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

No día de hoxe (17-09-2014) reuniuse o xurado nomeado pola  Coral De Ruada para estudar as candidaturas á quinta edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”

O xurado estaba formado por:

Presidente: D. Eladio Quevedo Almoina (Presidente da Coral De Ruada).

Secretaria: Dª. Fátima María Malingre Grande (Secretaria Xeral da Coral De Ruada, con voz pero sen voto).

Vogais:

 

  • D. Samuel Lago Fernández (Catedrático de Historia).
  • D. Juan Saco Rivera (Director do I.E.S Ramón Otero Pedrayo).
  • D. José Manuel Fernández Barrera (Xornalista da TVG).
  • D. Cástor Castro Vicente (da AOFT Escola de Música Tradicional-Gomes Mouro de Ourense).   

 

O xurado acordou, por unanimidade:

Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa quinta edición, correspondente ao ano 2014, a Xacarandaina da Coruña polo traballo que ao longo de trinta e seis anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais, etc.

Os méritos que atesoura a traxectoria de Xacarandaina, non se cinguen soamente ao inxente traballo que durante estes trinta e seis anos ten realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito), senón que, ademais, sempre foi -e segue a ser na actualidade- elemento colaborador xeneroso de grupos que traballan de xeito desinteresado a prol  do noso folclore.

O inxente labor de Xacarandaina constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer a coherente traxectoria que o colectivo ten mantido neste campo ao longo de toda a súa historia.

 


Enviado por coralderuada o 17 de Septembro de 2014 ás 21:34 
 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica