Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Decembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
             

» CERIMONIA DE ENTREGA DO VIII PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO

O VIII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza a Coral De Ruada para “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas” foille concedido á ASOCIACIÓN CULTURAL “REBULIR” de Ramirás (Ourense).

O acto de entrega do premio terá lugar o venres, 19 de xaneiro de 2018 no Teatro Principal de Ourense a partir das 20,30 horas.

 Ademais do acto institucional, contará coas actuacións seguintes:

 

  • Grupo de teatro Xabier Prado “Lameiro”, da Coral De Ruada, que debutará ante o público ourensán. Trátase dunha nova iniciativa da Coral De Ruada para recuperar o grupo de teatro desaparecido hai máis de 60 anos. Dirixido por César Francisco González Fernández, representará tres escenas galegas do libro “Cóxegas e Moxetes” de <Lameiro> tituladas “Costume Ribeirá”, “¡Coitados!” e “Pragas d’o agro”.
  • ASOCIACIÓN CULTURAL “REBULIR” de Ramirás (Ourense).
  • Pechará o acto a Coral De Ruada.

 

A entrada é libre, ata completar aforo, recollendo as invitacións no propio Teatro Principal.

 

Enviado por coralderuada o 17 de Xaneiro do 2018 ás 18:42
0 Comentarios
» TALLER DE TEATRO

Tamén iniciaremos os ensaios do Taller de Teatro da Coral De Ruada que levará o nome doutro dos nosos fundadores e celebrado autor teatral costumista galego <<Xabier Prado “Lameiro”>>. Pretendemos, con este taller, recuperar unha das facetas que lle deu tanta sona á Coral De Ruada nos seus primeiros corenta anos: a representación das obras de Xabier Prado “Lameiro”. A dirección correrá a cargo de César Francisco González Fernández, director da Plataforma de Teatro Independente de Amoeiro (P.I.T.A.), gran coñecedor da obra do noso cofundador.

 Os interesados en participar poden acharse onda nós (martes e xoves a partir das 20,00 horas), no noso local do ático do teatro Principal ou enviar un correo electrónico ao enderezo seguinte: info@coralderuada.com. Tamén poden chamar ao teléfono 657677411 (Emilio).

Enviado por coralderuada o 15 de Septembro do 2017 ás 20:34
0 Comentarios
» ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL

Cando estamos a inciciar un novo curso, comezan tamén as actividades da Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández” (gaita galega e percusión).

 As clases serán impartidas polo prestixioso gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional “Gomez Mouro”, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas “Abelente”, director da Agrupación de Gaitas “De Pé Feito”, membro do Cuarteto de Gaitas “parDpar”, etc.

Os interesados en participar poden acharse onda nós (martes e xoves a partir das 20,00 horas), no noso local do ático do teatro Principal ou enviar un correo electrónico ao enderezo seguinte: info@coralderuada.com. Tamén poden chamar aos teléfonos 654173524 (Gonzalo) ou 657677411 (Emilio).

Enviado por coralderuada o 15 de Septembro do 2017 ás 20:31
0 Comentarios
» REINICIO DE ACTIVIDADES

A Coral De Ruada reinicia os ensaios no seu local do ático do teatro Principal, despois dunhas ben merecidas vacacións.

 Como en cursos anteriores, aproveitamos o inicio de curso para convidar a tódolos que queiran formar parte da Coral (mulleres e homes, voces e instrumentistas) a que se acheguen onda nós (martes e xoves a partir das 20,00 horas), no noso local do ático do teatro Principal, para facer a proba correspondente.

Enviado por coralderuada o 15 de Septembro do 2017 ás 20:29
0 Comentarios
» XI CERTAME DE RUADA

A Coral “De Ruada” organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal, da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia e da Comunidade Cisterciense de Oseira- o XI CERTAME “DE RUADA”. 

O programa deste XI Certame é o seguinte:

Enviado por coralderuada o 11 de Xuño do 2017 ás 20:41Ler Mais | 0 Comentarios
 © Coral de Ruada | 19-01-2018 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica