Directores

Xoán Antón Vázquez Casas - Actual Director Xoán Antón Vázquez Casas - Actual Director

O actual Director da CORAL DE RUADA, estudou nos Conservatorios de Música de Ourense, Barcelona, Santiago de Compostela (Profesor Superior de Solfexo), Madrid (estudios de dirección de orquestra e coros) e Vigo (Profesor Superior de Composición).

É profesor de Fundamentos de Composición no Conservatorio de Ourense dende o ano 1997.

Pertence á Asociación Galega de Compositores dende o ano 2002, onde ven estreando obras con regularidade.

É organista da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense

Ten sido galardoado no concurso de composición coral “Cidade de Vigo” 2001.

O seu catálogo compositivo abrangue máis de 200 obras, comprendendo obras sinfónicas, banda, música de cámara (dúos, tríos, cuartetos, quintetos e sextetos, para variadas composicións instrumentais), música coral (a catro, cinco e 6 voces mixtas, e tamén v. i.) e solista (piano, guitarra, órgano, etc.).