2010 - Misa do Peregrino

Co gallo do Ano Santo, De Rauda desprazouse ata Santiago de Compostela para cantar a Misa do Peregrino.

Dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas, comezou co fermoso e impresionante “Canto das chirimías”, coa participación dos seguintes músicos: Luciano Pérez e Nuria Serrano, organistrum, Manuel Brañas, chirimía, Félix Castro, chirimía, Pancho Álvarez e Jesús Pérez Saburido, zanfonas, Cástor Castro, frauta de madeira, e Victoria Folgado, fagot.

Como se pode apreciar, tratouse dunha interpretación histórica coa que DE RUADA e os músicos mencionados quixeron ofrecer un acto de homenaxe a Faustino Santalices no 50 aniversario do seu pasamento (finou o 6 de decembro de 1960).