2004 - Tacholas: un actor galaico-porteño

Tacholas: un actor galaico-porteño (2004) Tacholas: un actor galaico-porteño (2004)

O día 11 de novembro (día de San Martiño, patrón de Ourense) de 2004, no transcurso do 9º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense presentouse o documental “Tacholas: un actor galaico-porteño”, de José Santiso.

Trátase dun documental sobre o actor nacido en Ourense Fernando L. Iglesias “Tacholas”, que foi membro da CORAL DE RUADA nos seus inicios, ata 1929, en que partiu para Bos Aires.

No filme aparecen varias fotografías da CORAL e pode que algunhas das cantigas que se escoitan no mesmo sexan interpretacións de DE RUADA (extremo este aínda sen confirmar).

Información adicional

  • Outros datos: A súa ficha, segundo o catálogo do citado Festival, é a seguinte:
    • Título orixinal: Tacholas: un actor galaico-porteño
    • Director: José Santiso
    • Produción: Gonzalo Santiso (Imagenauta Producciones – Buenos Aires)
    • Guión: José Santiso
    • Fotografía: Mauricio Carmona
    • Montaxe: Gonzalo Santiso
    • Intérpretes: Héctor Olivera, Antonio Pérez Prado, José Soriano, Graciela Borges, Osvaldo Bonnet
    • Duración: 54 minutos
    • País: Arxentina
    • Ano: 2004
Máis nesta categoría: « 2001 - O Himno Galego