2001 - O Himno Galego

En 2001 edítase un filme documental en formato vídeo titulado “O Himno Galego”.

Aínda que non figura en ningún estudio nin publicación -nin sequera nos títulos de creto- identifícase perfectamente un fragmento da “Danza do ramo verde” da CORAL DE RUADA (do CD “Cando Miño chega a Ourense”, gravado en 1995) ilustrando musicalmente unha pasaxe do citado vídeo na que se refire á proliferación de coros na cidade de A Coruña, e en Galicia en xeral, a finais do século XIX.

Trátase dun documental moi interesante, pois relata cómo se atopou en Cuba a partitura orixinal do Himno Galego. Foi proxectado no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense (Edificio Simeón) no transcurso do “7º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense”.

O Concelleiro de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense, D. José Araújo Fernández, agasallounos cunha copia deste documental para a filmoteca da CORAL.

Información adicional

  • Outros datos: A súa ficha, segundo o catálogo do “7º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense”, é:
    • Título orixinal: O Himno Galego
    • Director: Carlos Soro
    • Produción: Óscar Outeiriño e Alfredo Alemparte (La Región TV)
    • Guión: Suso Villamil
    • Fotografía: José María Fidalgo
    • Montaxe: Martín Manso, Emilio Manso
    • Documentación: Emilia Veiga
    • Entrevistados: Xosé Neira Vilas, Mercedes Peón, Manolo González, Alonso Montero e María del Pilar Veiga
    • Soporte: Betacam SP (color)
    • Duración: 52 minutos
    • Ano: 2001