1966 - Alma gallega

Alma gallega (1966) Alma gallega (1966)

Armando Hermida Luaces, un ourensán nacido en Ribadavia en 1909 e emigrado a Bos Aires en 1929, realizou nos anos 1962 e 1963 o filme documental “Alma gallega” (rodado en Galicia e en coprodución con España).

Aínda que non figura en ningún estudio nin publicación, dos datos da CORAL dedúcese que DE RUADA participou neste filme coas súas cantigas.

Neste documental aparece o propio Armando Hermida Luaces subindo ata Santa Tegra para filma-la desembocadura do río Miño.

Tamén se poden ver no filme importantes persoeiros da cultura galega, como Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e o cineasta Elixio González.

Non temos, polo momento, máis datos deste filme. Como no caso de “La Virgen del Cristal” e “La tierra de nuestros mayores”, agradeceriamos moito calquera pista que nos puidera ampliar datos sobre o mesmo, así como o xeito de podernos facer cunha copia en calquera tipo de soporte.

Información adicional

  • Outros datos:
    • Título orixinal: Alma gallega
    • Director: Armando Hermida Luaces
    • Produción: Armando Hermida Luaces
    • Guión: Armando Hermida Luaces
    • Fotografía: Armando Hermida Luaces (Eastmancolor)
    • Música: Alfredo Gatell e Pedro Orovio
    • Metraxe: Longametraxe de 35 mm (126 minutos)
    • Ano: 1966
    • Estrea: O 22 de setembro de 1966, en Bos Aires