1960 - La tierra de nuestros mayores

Nos meses de xullo e agosto de 1959 Manuel Arís, nacido en Poio (Pontevedra) o 23 de setembro de 1920 e emigrado de neno (en 1929) a Montevideo, roda unha longametraxe de tipo documental titulado “La tierra de nuestros mayores”.

Parte da música dese film foi interpretada pola CORAL DE RUADA.

Foi o último traballo cinematográfico de Manuel Arís, que se trasladou a Bos Aires dedicándose á construción.

É un dos documentais esteticamente máis refinados rodados en Galicia durante o período dos 50 e 60. Este filme foi proxectado nas “Xornadas de Cine” de O Carballiño (Ourense) no ano 1960.

Non temos, polo momento, máis datos deste filme. Como no caso de “La Virgen del Cristal”, agradeceriamos moito calquera pista que nos puidera ampliar datos sobre o mesmo, así como o xeito de podernos facer cunha copia en calquera tipo de soporte.

Información adicional

  • Outros datos:
    • Título orixinal: La tierra de nuestros mayores
    • Director: Manuel Arís Torres
    • Produción: Hispanoamericana Cine Producción – Aerolíneas Argentinas - Francisco Fernández Álvarez - Luís Galán de la Tierra (coproducción arxentino-uruguaia)
    • Guión: Manuel Arís e Germán Fernández Fraga
    • Fotografía: Luís Galán de la Tierra (Agfacolor)
    • Montaxe: José Gallego
    • Música: Coral de Ruada de Ourense, Banda Municipal de Lugo, Cántigas da Terra de A Coruña e a Polifónica de Pontevedra
    • Metraxe: Longametraxe de 35 mm (2.654 m, 87 minutos)
    • Ano: 1960
    • Distribución: Internacional Film – Servicio de Productores y Distribuidores Independientes
    • Estrea: O 2 de maio de 1960, no cine Eliseo de Montevideo. En Bos Aires estreouse o 21 de xullo do mesmo ano
    • Intérpretes: Amalia Sánchez Ariño, Francisco Fernández e Manuel Arís