1956 - Ruta de Orense

En 1956 edítase unha curtametraxe titulada “Ruta de Orense” rodada no Mosteiro de Oseira.

Cremos que se trata dun máis dos filmes que dirixiu nesa época Amador del Villar, con guión do propio del Villar en colaboración con Alfredo Marquerie e asesoramento de Antonio Iglesias, producidos por “Galicia Producciones Cinematográficas” (como “Ciudades Gallegas”, “Rías Bajas Gallegas”, ademais do que nos ocupa) con intención divulgadora.

Información adicional

  • Data: 1956
  • Outros datos:
    • Título orixinal: Ruta de Orense
    • Director: Amador del Villar
    • Produción: Galicia Producciones Cinematográficas
    • Guión: Manuel Amador del Villar e Alfredo Marquerie
    • Asesor: Antonio Iglesias
    • Fotografía: Branco e negro
    • Son: Rafael Simancas
    • Música: Coral De Ruada
    • Metraxe: Curtametraxe de 35 mm (11 minutos)
    • Ano: 1956
    • Lugares de rodaxe: Mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea – Ourense)
    • Intérpretes: Matías Prats (voz)