1940 - El hombre y el carro

El hombre y el carro (1940) El hombre y el carro (1940)

No verán de 1940 dous ourensáns (o ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas” e o que chegaría a director cinematográfico de éxito en toda España Antonio Román) e un madrileño (o cineasta Carlos Serrano de Osma) filman a curtametraxe “El hombre y el carro” na terra do primeiro deles.

Este filme foi rodado en Facós (Lobeira – Ourense). É un excelente documental que conta cómo é o carro, cómo se fai e cómo forma parte da vida da xente nunha aldea de Galicia. En 1945 pasou a censura e recibiu un premio de 10.000 pesetas (60 €) do Sindicato Nacional do Espectáculo.

En 1980, a partir dun copión mudo aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense, o cineasta ourensán Eloy Lozano, en colaboración co Museo do Pobo Galego, sonorizou o filme (substituíndo a música folclórica orixinal gravada pola CORAL DE RUADA por “...funcionais de temas clásicos”) con texto e locución de Xoaquín Lorenzo baixo o título de “O carro e o home”.

Información adicional

  • Data: 1940
  • Outros datos: A súa ficha, segundo o libro-catálogo “O carro e o home: O cine de Antonio Román e Xoaquín Lorenzo”:
    • Título orixinal: El hombre y el carro.
    • Director: Antonio Román
    • Axudante de dirección: Carlos Serrano de Osma
    • Guión: Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” e Antonio Román
    • Produtora: P.A.C.E.
    • Xefe de Produción: Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”
    • Fotografía: Antonio Román (branco e negro)
    • Música: Coro De Ruada
    • Laboratorio: Arroyo
    • Montaxe: Antonio Román e Carlos Serrano de Osma
    • Son: Laffon-Selga (banda óptica)
    • Formato: 1:1.37
    • Paso: 35 mm
    • Duración: 12 minutos (342 metros)
    • Intérprete: Ignacio Mateo (voz)
    • Ano: 1940