2016 - De Ruada Entre Amigos

De Ruada Entre Amigos De Ruada Entre Amigos

Este CD-DVD é un caso insólito dentro da ampla discografía da Coral De Ruada porque, por primeira vez na súa longa historia, grava temas con colaboracións dos máis relevantes artistas do panorama da música folk galega e mesmo de fóra de Galicia.

A nómina de artistas é colaboradores é ampla: Cristina Pato, Irma Fernández Alonso, Gomes Mouro, Brañas Folk (ourensáns); Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura, Os Melidaos (galegos) e Andrew Cronshaw e Tigran Aleksanyan (inglés e armenio, respectivamente).

Caso aparte é a achega dos coros infantís. Quixemos que tamén formase parte deste CD un tema no que participasen os 68 nenos e nenas dos coros infantís dos colexios Concepción Arenal, CEIP Curros Enríquez, Colexio Miraflores e Colexio Padre Feijóo – Zorelle, que colaboraron connosco durante o curso 2014-15.

Este novo CD-DVD “De Ruada entre Amigos” pode adquirirse ao prezo de 10 €.

Podes mercalo no propio local da Coral De Ruada os martes e xoves de 20:00 a 21:30 horas (agás do 1 de xullo ata o 31 de agosto, que estamos de vacacións. Tamén se pode pedir ao correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (máis os gastos de envío). Ou mercalo nos establecementos colaboradores.

Pódelo atopar en:

  • PILAR TILVE, roupa de muller e de home -
    Rúa do Paseo, 30, galerías Viacambre, local 5
  • Camisería CARVAJAL - Rúa da Paz, 27
  • Bar ORELLAS - Rúa da Paz, 6
  • Golosinas LAIF - Rúa Lamas Carvajal, 5
  • LA LIBRERÍA - Rúa Florentino Cuevillas, 10
  • Libraría XOVIAL - Rúa Manuel Murguía, 16
  • Bar TOMI’S - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 17
  • Cafetería PRINCESA - Rúa Xoán XXIII, 29
  • Bar O LARGUEIRO Avda. Bos Aires, 200
  • Bar VA A SER QUE SI - vda. Bos Aires, 185
  • Marroquinería ANDRÉS - Praza de Abastos, posto exterior 101