1989: Dirección de MANUEL DE DIOS: "Así canta Galicia"

Ourense ao lonxe - 1989 Ourense ao lonxe - 1989

Realízase unha gravación coa casa EDIGAL. O disco leva por título “Ourense ao lonxe” e dirixe a CORAL DE RUADA Manuel de Dios.

Neste mesmo ano, a casa GRUPO LIBRO, co patrocinio de Caixa Vigo, editou unha colección de dez discos LP presentados nun estoxo co título “Folklore de Galicia” no que participan CORAL DE RUADA, Escola de Gaitas, Fausto, Faiscas do Xiabre, Galicia hoxe, Folklore gallego, Alma gallega, Xocaloma, Los Tamara, Emilio Cao… Non temos máis datos destas gravacións.

Tamen descoñecemos a data en que a casa PUZZLE Records editou o disco “Folklore del norte de España”, pero se incluíu neste ano por conter unha cantiga (Meu cabaliño, concretamente) que foi gravada por primeira vez en 1977 e reeditada, como acabamos de ver, en 1984 e tamén por ser un recompilatorio en que coincide co grupo Xocaloma.

Este disco, como indica o seu título, presenta unha escolma de temas populares do norte de España (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco) a cargo da CORAL DE RUADA, Xocaloma, Los Chimberos, Agrupación folklórica “¡Sabugo tente firme!”, Hermanos Anoz e Indarra.

Información adicional

  • Data: 1989
  • Distribuidora/Produtora: EDIGAL / PUZZLE Record
  • Outros datos:
    • EDL. 20006: Ourense ó lonxe (M. de Dios); Coro de Primavera (J. Afonso); Vamos á Franqueira (popular); A Virxe do Portovello (M. de Dios); Cantigas de romería: Namorar, namoreime; Estreliña do alto ceo; Trasalviña (populares); Canto a Castelao (M. de Dios); Canción triste (M. de Dios); Cantiga de amigo (A. Barja); Baixando do Faro (A. Barja); Chora chuvia, chora (José Luis López Cid e Manuel de Dios); Cantarela (M. Prieto Marcos); Non (A. Tobar e M. de Dios).
    • MPL-143: A participación da CORAL DE RUADA consiste nas dúas primeiras cantigas da cara nº 1: Moreniña por te ver e Meu cabaliño.