1966: Dirección de MANUEL DE DIOS: "Así canta Galicia"

Galicia Canta - 1966 Galicia Canta - 1966

A casa COLUMBIA edita o disco “Galicia canta”, onde se inclúen catro cantigas interpretadas pola CORAL DE RUADA baixo a dirección de Manuel de Dios.

Figuran ademais no disco cantigas gravadas polo coro gallego “Cántigas da Terra” de La Coruña (dirixido por E. Suárez Pedreira), agrupación folklórica gallega “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela (dirixida por R. Mato Hermida), coral polifónica “Casablanca” de Vigo (dirixida por Francisco A. Rey Rivero), Grupo de Gaiteros del Ayuntamiento de La Coruña (dirixido por Emilio Corral), Banda Municipal de La Coruña con la sección de gaitas (dirixida por Rodrigo A. de Santiago) e Grupo de Gaitas “Os Cruceiros” (dirixido por Jesús Portela).

A mesma casa discográfica edita outro disco de características semellantes ó anterior. Interveñen no mesmo, ademais da CORAL DE RUADA e de Faustino Santalices, Joselín, Masa Coral Estradense, Banda Municipal de Lugo co seu grupo de gaitas e Cántigas da Terra.

Información adicional

  • Data: 1966
  • Distribuidora/Produtora: COLUMBIA
  • Outros datos:
    • CP 9.004: As cantigas correspondentes á CORAL DE RUADA son: Trullada de Marín (Canción de romería. Popular); Alalá de Vilanova (Alalá. Popular); Negra Sombra (Balada gallega. Rosalía de Castro / Juan Montes) e Pandeirada de Espadañedo (Canción de romería. Popular).
    • ECGE 70917: As cantigas correspondentes son: Negra Sombra, Pandeirada de Tella, Foliada da Perosa (sic), A Patrona de Marín, Romance de Cerdedo e Estampa Orensana. As correspondentes a Faustino Santalices son: Romance de Don Gaiferos, Camiña Don Sancho e Axéitame a polainiña.