1964: Dirección de MANUEL DE DIOS: "Así canta Galicia"

SCGE 80758 - COLUMBIA SCGE 80758 - COLUMBIA

Realízanse gravacións coa casa COLUMBIA, baixo a dirección de Manuel de Dios.

Na capa do disco SCGE 80761 pódese apreciar un chamativo erro, xa que se lle asigna a dirección da CORAL a Juan de Dios, en lugar de Manuel de Dios. Este erro non se reproduce na contracapa nin no propio disco.

Como se pode apreciar, os discos QE 7554, QE 7556, e QE 7558 correspóndense cos discos SCGE 80759, SCGE 80760 e SCGE 80761, agás o último no que, como se pode ver, a correspondencia non é exacta, senón que o SCGE 80761 ten unha cantiga máis (Cantiga dos Reis) que o QE 7558 (entendo que se trata dun erro). A razón desta duplicidade de numeración pode ter que ver co lugar de edición (ó parecer, non levaban a mesma referencia os editados en España e en América).

Tamén, neste ano, a casa COLUMBIA edita o disco “Folklore Gallego”, onde se inclúen catro cantigas interpretadas polos Gaiteiros de Soutelo de Montes, Faustino Santalices e Modesto Sánchez (“Solistas del Coro de Ruada”) e Los Chacareros “Cuarteto vocal”.

Información adicional

  • Data: 1964
  • Distribuidora/Produtora: COLUMBIA
  • Outros datos:
    • QE 7554: Vello Nadal (canción de Navidad); Pandeirada de Palmés (popular); Trullada de Cambados (popular); Trullada de Marín (popular); Alalá de Vilanova (popular).
    • QE 7556: Pandeirada de Abelenda (popular); Neva (Serafín Gómez Pato e Manuel de Dios); Trullada de Sada (popular); Triadas (popular).
    • QE 7558: Cantigas de namorada (Matín Códax); Cantiga de Mendinho (anónimo); Non (polifonía gallega. Manuel de Dios).
    • SCGE 80758: Negra sombra (balada gallega. Rosalía de Castro y Juan Montes); Alalá de Soutelo (alalá); Pandeirada de Espadañedo (canción de romería).
    • SCGE 80759: Vello Nadal (Canción de Navidad); Pandeirada de Palmés (Canción de romería); Trullada de Cambados (Canción de romería. Solista: Concepción Iglesias); Trullada de Marín (Canción de romería); Alalá de Vilanova (Alalá).
    • SCGE 80760: Pandeirada de Abelenda (Canción de romería); Neva (Canción de invierno. M. de Dios. Solista: Emilia Rodríguez); Trullada de Sada (Canción de romería); Triadas (Canción de romería).
    • SCGE 80761: Cantigas de namorada (Canción medieval. Matín Codas. Solista: Eva Fernández); Cantiga de Mendinho (Canción medieval. Anónimo. Solista: Eva Fernández); Cantigas dos Reis (Canción medieval. Alfonso X. Solista: Emilia Rodríguez); Non (Canción medieval. M. de Dios. Solistas: Emilia Rodríguez y Eva Fernández).
    • SCGE 80686: Alborada Rosalía de Castro (Alborada. Por Avelino y Bautista Cachafeiro ); Alborada Antigua de Orense (Alborada. Por F. Santalices y M. Sánchez ); Foliada de Mahía (Alalá gallego. Mauricio Farto. Por Los Chacareros “Cuarteto vocal”) e Aldeíña de Baldayo (Foliada Gallega. Mauricio Farto. Por Los Chacareros “Cuarteto vocal”).