1961 - 1963: Dirección de MANUEL DE DIOS: "Así canta Galicia"

Negra sombra - ALHAMBRA (1962) Negra sombra - ALHAMBRA (1962)

HISPAVOX publica en 1961 un disco de longa duración titulado “Música Regional” (HHS 10-128).

Como indica o título, tratase dunha recompilación de música folclórica española (Andalucía, Aragón, Cataluña e Galicia). A parte galega está representada pola CORAL DE RUADA dirixida por Manuel de Dios Martínez, con acompañamento de “gaitas y pandero”. En realidade trátase de tres das gravacións do disco “Así canta Galicia”, xa mencionado: Foliada de Marín; Pandeirada de Entrimo; Farruquiña e Alalá de Orense.

Os discos editados pola casa ALHAMBRA en 1956, baixo a dirección de Isolino Canal, foron reeditados nos anos 1962 (EMGE 70196 e EMGE 70197) e 1963 (EMGE 70206), coas mesma referencias e conservando, practicamente igual, a capa e a contracapa (en realidade, no primeiro hai unha pequena diferencia na banda de texto da capa -como se pode apreciar nas figuras que se xuntan- e bastantes diferencias na contracapa).

Información adicional

  • Data: 1961-1963
  • Distribuidora/Produtora: HISPAVOX / ALHAMBRA
  • Outros datos:
    • EMGE 70196: Negra sombra (Canción gallega / R. De Castro y J. Montes); Pandeirada de Tella (Pandeirada, con acompañamiento de pandero / Adap.: E. Dorado); Foliada da Perosa (Canción gallega, con acompañamiento de gaiteros, bombo, tamboril, pandero y triángulo) / Adap.: Félix Molina).
    • EMGE 70197: Estampa orensana (Canción gallega / Adapt. Félix Molina); A Patrona de Marín (Canción gallega); Romance de Cerdedo (Canción gallega. Rvdo. Padre Luis Ma. Fernández. Tenor solista Juan Moredo).
    • EMGE 70206: Alborada (Canción gallega / P, Veiga); Meus amores (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / S. Golpe y J. Baldomir); Un suspiro (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / M. Martínez y C. Berea).