1956 - 1957: Gravacións Históricas

Alborada - ALHAMBRA (1956) Alborada - ALHAMBRA (1956)

En primeiro lugar, aparecen unhas gravacións, realizadas polo baixo cantante, solista da CORAL DE RUADA, Jaime Montes, acompañado ó piano polo organista da Catedral e excelente músico navarro afincado en Ourense Antonio Jaunsarás San Miguel (que tamén foi durante un breve período de tempo Director da CORAL DE RUADA).

Seguen outras gravacións realizadas pola CORAL DE RUADA dirixida por Isolino Canal. Entendemos que estes dous discos, malia seren presentados pola casa discográfica en 1956 e 1957, foron gravados entre 1953 e 1955, posto que Isolino Canal foi Director da Coral -por segunda vez- entre outubro de 1952 e outubro de 1955.

Os dous primeiros discos foron reeditados nos anos 1962 e o terceiro no ano 1963, coas mesma referencias e conservando, practicamente igual, a capa e a contracapa (en realidade, no primeiro hai unha pequena diferencia na banda de texto da capa -como se pode apreciar nas figuras que se xuntan- e bastantes diferencias na contracapa).

Información adicional

  • Autor: Discos ALHAMBRA
  • Data: 1956 - 1957
  • Outros datos:
    • EMGE 70194: Unha noite n’a eira do trigo (M. Curros Enríquez); Lonxe d’a terriña (Balada gallega / A. J. Pereira y J. Montes); Meus amores (Balada gallega / S. Golpe y J. Baldomir); Un suspiro (Balada gallega / M. Martínez y C. Berea)
    • EMGE 70195: Volve (Balada gallega / G. Álvarez Limeses y A. Cordal); Como foy? (Balada gallega / M. Curros Enríquez y J. Baldomir); Un adios a Mariquiña (Balada gallega); Meus amores (Balada gallega / S. Golpe y J. Baldomir)
    • EMGE 70196: Negra sombra (Canción gallega / R. De Castro y J. Montes); Pandeirada de Tella (Pandeirada, con acompañamiento de pandero / Adap.: E. Dorado); Foliada da Perosa (Canción gallega, con acompañamiento de gaiteros, bombo, tamboril, pandero y triángulo) / Adap.: Félix Molina)
    • EMGE 70197: Estampa orensana (Canción gallega / Adapt. Félix Molina); A Patrona de Marín (Canción gallega); Romance de Cerdedo (Canción gallega. Rvdo. Padre Luis Ma. Fernández. Tenor solista Juan Moredo)
    • EMGE 70206: Alborada (Canción gallega / P, Veiga); Meus amores (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / S. Golpe y J. Baldomir); Un suspiro (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / M. Martínez y C. Berea)