18 Setembro

Programa "Lume na Palleira"

O programa "Lume na Palleira" que dirixe Emilio Españadero na Radio Galega, dedicará a súa segunda hora: de 18:00 a 19:00 horas, á presentación do novo CD-DVD "De Ruada entre Amigos" da Coral De Ruada.

Lugar:
Radio Galega
martes e xoves

Nova Tempada

Iniciamos unha nova tempada.

Comezo dos ensaios o día 9 de Setembro no noso local da Rúa da Paz, nº 9, ático e no horario habitual de martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas.

Se cantas e gústache a música tradicional, anímache e ven a probar connosco.

Contacta en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Lugar:
Rúa da Paz, nº 9, ático
Martes

Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos ourensáns unha nova iniciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”.

Lugar:
Local de ensaio da Coral De Ruada
24 Xuño

X Certame Internacional de Coros de Ruada

No ano 2007 A CORAL DE RUADA decidiu organizar un Certame Internacional de Coros que levase o seu nome, con idea de celebralo en datas próximas ao aniversario da nosa presentación ao público ourensán, o 24 de xuño de 1919.

(dende) 1 Xullo

VII Premio Xabier Prado "Lameiro"

O premio foi concebido para premiar o labor desinteresado daqueles que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia, fundamentalmente no eido do folclore, máis concretamente, na música popular galega.

24 Xullo

Novo CD-DVD “De Ruada entre Amigos”

O novo CD-DVD “De Ruada entre Amigos” pode adquirirse ao prezo de 10 €.

Podes mercalo no propio local da Coral De Ruada os martes e xoves de 20:00 a 21:30 horas (agás do 1 de xullo ata o 31 de agosto, que estamos de vacacións. Tamén se pode pedir ao correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (máis os gastos de envío). Ou mercalo nos establecementos colaboradores.

18 Setembro

Misa en San Xosé da Carballeira

Durante os días 16, 17 e 18 de setembro celébranse as "Festas dos Remedios 2016" no pobo de San Xosé da Carballeira (Nogueira de Ramuín).

Con tal motivo, o domingo a CORAL DE RUADA cantará a Misa na Igrexa de San Xosé da Carballeira.

Lugar:
Igrexa de San Xosé da Carballeira
14 Setembro

Concerto no Carballiño

A CORAL DE RUADA ofrecerá un concerto consistente nunha variada mostra de música popular e polifónica galegas -con acompañamento do seu grupo de música popular (zanfona, gaitas e percusión)- dirixido polo seu director Xoán Antón Vázquez Casas.

Este concerto forma parte do programa "Galicia culturea" que patrocina a Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia para divulgar a nosa música e os nosos usos culturais ao tempo que serve para ameniza-los seráns de verán.

Tamén conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello do Carballiño.

Lugar:
Praza Maior do Carballiño
10 Setembro

Misa e Concerto en San Miguel do Campo

A Coral De Ruada cantará a Misa solemne na honra da Virxe do Carpazal e despois ofrecerá un pequeno concerto de música popular e polifónica galegas.

Lugar:
San Miguel do Campo
28 Agosto

Concerto de Corais da Vendima

Actuación da Coral De Ruada na XXVII edición da Festa da Vendima de Leiro no acto: "Concerto de Corais da Vedima" xunto coa Coral Polifónica Val do Avia na Igrexa de San Pedro.

Lugar:
Igrexa de San Pedro - Leiro
22 Agosto

Misa e Concerto en Tours

A Coral De Ruada se unirá a peregrinación da Diócese de Ourense a Tours (Francia). Tamén cantará una misa na Basílica de San Martiño de Tours.

Lugar:
Basílica de San Martiño de Tours - FRANCIA
8 Xullo

Concerto en Allariz

A Coral De Ruada finaliza o curso en Allariz con San Bieito.

Lugar:
Igrexa de San Bieito - Allariz
24 Xuño

3ª Xornada - Concerto dos Amigos

Con este concerto, que terá lugar no teatro Principal, a Coral pecha este ano o X Certame De Ruada.

Lugar:
Teatro Principal
19 Xuño

2ª Xornada - Romaría de Oseira

Na Segunda xornada do X Certame De Ruada, a Coral De Ruada e os seus amigos de foron de romaría a Oseira. Os membros da coral cantaron a misa no mosteiro e celebraron a súa festa anual no Campo do Casledo.

Lugar:
Igrexa do Mosteiro de Oseira
18 Xuño

1ª Xornada do X Certame De Ruada

Primeiro Concerto do X Certame De Ruada, que nesta xornada conta coa colaboración dos coros: Coral do Liceo de Ourense e a Coral Polifónica de Pontevedra.

Lugar:
Liceo de Ourense
17 Xuño

Novo disco: "De Ruada entre Amigos"

A Coral de Ruada presenta o seu último traballo: "De Ruada entre Amigos". Contan con colaboracións de artistas como Cristina Pato, Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura e algúns colexios de Ourense.

5 Xuño

Concerto na Festa do Viño Tinto

Este Concerto está incluído na programación da “XII Festa do viño tinto de Cenlle” e “VII Ruta das adegas”.

Lugar:
Cenlle
1 Xuño

Concerto Benéfico a favor de ACNUR

A Coral de Ruada participará nun concerto benéfico que ten como obxectivo recadar fondos para axudar aos refugiador a través de ACNUR.

Lugar:
Auditorio Municipal de Ourense