Concerto na Praza de San Martiño

7 Setembro
20:30 h
Lugar:
Praza San Martiño
Praza San Martiño La Voz de Galicia Praza San Martiño

A praza de San Martiño foi escenario dun concerto a cargo da Coral De Ruada.

A CORAL DE RUADA ofrecerá un concerto consistente nunha variada mostra de música popular e polifónica galegas -con acompañamento do seu grupo de música popular (zanfona, gaitas e percusión)- dirixido polo seu director Xoán Antón Vázquez Casas.

Este concerto forma parte do programa "Galicia culturea" que patrocina a Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia para divulgar a nosa música e os nosos usos culturais ao tempo que serve para ameniza-los seráns de verán.

Tamén conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

Publicaciones:
La Voz de Galicia