3ª Xornada - Concerto dos Amigos

24 Xuño
21:00 h
Lugar:
Teatro Principal
Concerto dos Amigos Concerto dos Amigos

Con este concerto, que terá lugar no teatro Principal, a Coral pecha este ano o X Certame De Ruada.

No concerto presentaremos o novo CD-DVD "De Ruada entre Amigos", con colaboracións de grandes artistas e grupos galegos e europeos. Algúns deles participarán no concerto.

Tamén participarán os tres coros infantís dos colexios que colaboran actualmente coa Coral De Ruada: CEIP Irmáns Villar, CEIP Curros Enríquez e Colexio Padre Feijoo-Zorelle.