Novo disco: "De Ruada entre Amigos"

17 Xuño
Presentación do CD - DVD "De Ruada entre amigos", da Coral de Ruada. © 2009 - TDLOU Presentación do CD - DVD "De Ruada entre amigos", da Coral de Ruada.

A Coral de Ruada presenta o seu último traballo: "De Ruada entre Amigos". Contan con colaboracións de artistas como Cristina Pato, Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura e algúns colexios de Ourense.

A Coral de Ruada vén de anunciar o su último traballo: un CD - DVD: "De Ruada entre amigos" que será presentado o día 24 de xuño no Teatro Principal e que será un caso insólito dentro da ampla discografía da coral porque, por primeira vez na súa longa historia, grava temas con colaboracións dos máis relevantes artistas do panorama da música folk galega e mesmo de fóra de Galicia.

Caso aparte é a achega dos coros infantís. Quixemos que tamén formase parte deste CD un tema no que participasen os coros infantís dos colexios cos que temos colaborado nestes intres.

Na rolda de prensa estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e, por parte da Coral De Ruada, o presidente, Samuel Lago Fernández, o vicepresidente, Emilio Rodríguez Portabales, e o Presidente de Honra, Eladio Quevedo Almoina.