A Coral De Ruada aspira a ser Ben de Interese Cultural

25 Xuño

Cumpriría, xunto a outras tres agrupacións centenarias, os requisitos para formar parte do patrimonio cultural de Galicia.

A declaración de Ben de Interese Cultural exposta ante o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices, sería un bo agasallo de centenario para De Ruada, celebración que a agrupación xa está a preparar con esmero e que terá lugar en 2018, xa que foi fundada o 5 de outubro dese ano por Xabier Prado Rodríguez ?Lameiro?, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Igrexas Abella e Cesáreo Eire Santalla. De momento, é tan só unha idea, pero que xa conta con numerosos adeptos para que se converta unha realidade.

E é que a Coral De Ruada, sen dúbida unha institución ourensá no ámbito cultural e musical, conta cun gran número de seguidores. Como mostra o concerto ofrecido onte no Teatro Principal, no que presentaron o seu novo CD, con colaboración de numerosos músicos e que colgou o cartel de "entradas esgotadas".

La Región - 25/06/2016 08:27 H.