Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2016»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             

» FALLO DO VII PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO
O VII Premio Xabier Prado "Lameiro", que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela.
Enviado por coralderuada o 20 de Septembro do 2016 ás 17:35Ler Mais | 0 Comentarios
» Establecementos colaboradores
O novo CD-DVD “De Ruada entre Amigos” pode adquirirse ao prezo de 10 € no propio local da Coral De Ruada os martes e xoves de 20:00 a 21:30 horas (agás do 1 de xullo ata o 31 de agosto, que estamos de vacacións). 
Tamén se pode pedir ao correo electrónico info@coralderuada.com (haberá que engadir os gastos de envío).
Por último, tamén se poden mercar nos seguintes establecementos colaboradores:
Enviado por coralderuada o 18 de Xullo do 2016 ás 10:31Ler Mais | 0 Comentarios
» BASES DO VII PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO
Enviado por coralderuada o 06 de Xullo do 2016 ás 19:56Ler Mais | 0 Comentarios
» CONCERTO DOS AMIGOS DA CORAL DE RUADA E PRESENTACIÓN DO NOVO CD-DVD DE RUADA ENTRE AMIGOS

Este CD-DVD que presentaremos o próximo día 24 é un caso insólito dentro da ampla discografía da Coral De Ruada porque, por primeira vez na súa longa historia, grava temas con colaboracións dos máis relevantes artistas do panorama da música folk galega e mesmo de fóra de Galicia.

A nómina de artistas é colaboradores é ampla: Cristina Pato, Irma Fernández Alonso, Gomes Mouro, Brañas Folk (ourensáns);  Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura, Os Melidaos (galegos) e Andrew Cronshaw e Tigran Aleksanyan (inglés e armenio, respectivamente).

Caso aparte é a achega dos coros infantís. Quixemos que tamén formase parte deste CD un tema no que participasen os 68 nenos e nenas dos coros infantís dos colexios Concepción Arenal, CEIP Curros Enríquez, Colexio Miraflores e Colexio Padre Feijóo – Zorelle, que colaboraron connosco durante o curso 2014-15.

No concerto do próximo día 24 interpretaremos varias das cantigas do CD, algunhas coa colaboración dos grupos que nos axudaron na gravación. Tamén cantaremos varias cantigas cos coros infantís dos colexios cos que temos convenio de colaboración neste intre: CEIP Irmáns Villar, CEIP Curros Enríquez e e Colexio Padre Feijóo - Zorelle.

Enviado por coralderuada o 20 de Xuño do 2016 ás 19:57
0 Comentarios
» X CERTAME DE RUADA

A Coral “De Ruada” organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal, do Liceo, da Consellería de Cultura e O. U. da Xunta de Galicia e da Comunidade Cisterciense de Oseira- o X CERTAME “DE RUADA”.

O programa deste X Certame é o seguinte:

Sábado, 18 de xuño:

Liceo de Ourense, 20,30 horas.

Coral do Liceo de Ourense.

Coral Polifónica de Pontevedra.

Domingo, 19 de xuño:

ROMARÍA DE OSEIRA.

Igrexa do Mosteiro de Oseira, 13,00 horas.

Misa cantada pola Coral De Ruada.

Carballeira de Oseira, 14,00 horas.

Xantar e Romaría dos Amigos da Coral De Ruada.

Venres, 24 de xuño:

Teatro Principal, 21,00 horas.

Coral De Ruada: Concerto dos Amigos da Coral De Ruada. Presentación do novo CD-DVD “De Ruada entre Amigos”, coa actuación en directo dalgún destes Amigos e dos coros infantís dos colexios: CEIP Irmáns Villar, CEIP Curros Enríquez e Colexio Padre Feijóo-Zorelle.

Enviado por coralderuada o 12 de Xuño do 2016 ás 21:46
0 Comentarios
 © Coral de Ruada | 25-09-2016 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica